Os apeiros remolcados adquiridos antes do 21 de febreiro de 2020 poderán seguir circulando pola vía pública sen homologación

Á luz desta modificación da normativa por parte do Goberno, a organización agraria Unión de Uniones pide que se retiren todas as sancións impostas aos agricultores

Cultivador arrastrado, uno de los aperos afectados por el cambio en la normativa

Cultivador arrastrado, un dos apeiros afectados polo cambio na normativa

Unión de Uniones de Agricultores e Gandeiros, tras distintas reunións co Ministerio de Agricultura, o Ministerio de Industria e o Ministerio do Interior, conseguiu que se permita a libre circulación de apeiros remolcados adquiridos antes do 21 de febreiro de 2020.

A organización agraria mostrara o seu desacordo ante a instrución 20/V–139 de 21 febreiro de 2020 cuxo obxectivo era o de adecuar a definición de apeiro á normativa europea. Nesta instrución todos os apeiros remolcados pasaban a ser considerados vehículos ao ser considerados equipos intercambiables remolcados, de acordo co Regulamento (UE) núm. 167/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 5 de febreiro de 2013.

A decisión do Goberno de considerar vehículos a todos os apeiros podía dificultar a circulación de entre un 30 e un 40% da maquinaria para laboreo

Unión de Uniones criticou duramente esta decisión xa que a instrución, por unha banda, podía deixar fóra ata entre un 30 e un 40% da maquinaria que se usa para a preparación do terreo ou a labra en España, froito do incremento dos requisitos de homologación entrados en vigor desde 2017 e, por outro, contemplaba unha serie de obrigas (matriculación, ITV ou seguro obrigatorio) que complicaba todo o proceso.

A organización celebra que os Ministerios competentes teñan rectificado neste sentido e permitan que os apeiros remolcados adquiridos antes do 21 de febreiro de 2020 poidan seguir circulando sen problemas, levando consigo a factura de compra, no caso de dispoñer dela, e unha declaración responsable conforme ao establecido na normativa.

Retirada das sancións impostas

Polo que respecta aos adquiridos despois desta data, si que terán que estar correctamente homologados e cumprir todos os requisitos que están contemplados na normativa.

Así mesmo, Unión de Uniones pide que as administracións que sancionasen a agricultores por circular con apeiros remolcados adquiridos antes do 21 de febreiro de 2020 actúen de oficio e retirándolles a sanción e abonando o importe íntegro da mesma aos agricultores afectados.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información