Os agricultores e gandeiros retiran os tractores de Ourense tras 25 días de protestas

Captura de pantalla 2026-01-23 192242Agricultores e gandeiros, convocados pola Asociación do Sector Primario de Galicia, retiraron esta tarde os tractores que cortaban a estrada nacional 120 na cidade de Ourense tras 25 días de protesta ininterrompida pola situación do campo, en especial polo acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur, pero tamén polos recortes previstos na nova PAC, o exceso de bucrocaria ou como se xestiona a sanidade animal por parte de Xunta e Goberno Central.

O portavoz da asociación, o gandeiro de Maceda Miguel Gómez, destaca que o conseguido nestas semanas de protesta foi concienciar á sociedade da importancia do sector primario en Galicia, así como visibilizar as consecuencias que supoñería o acordo con Mercosur, en especial para o sector da carne de vacún, de gran importancia na provincia de Ourense.

En todo caso, lamenta a actitude dos representantes políticos cos que se reuniron os produtores, aos que acusan de pasarse a responsabilidade dunhas a outras administracións. Tamén lamentan que non teñan aínda sido recibidos pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.

En todo caso, desde a Asociación do Sector Primario de Galicia advirten de que a súa loita contra o acordo con Mercosur -cuxa ratización foi paralizada polo Parlamento Europeo esta semana, aínda que non a súa aplicación- e polas súas reivindicacións non conclún con esta retirada da protesta da cidade de Ourense. Así, os produtores están a preparar novas accións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información