A Axencia Galega da Industria Forestal (XERA), pertencente á Xunta de Galicia, organiza unha xornada na que diferentes expertos falarán sobre a historia de rehabilitación do Pazo de Lourizán. O encontro será o venres 21 de novembro de 11:00 a 13:45 horas no salón de actos da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra (Campus Universitario da Xunqueira).
Contará coa participación, entre outros, da arquitecta do estudo responsable das obras de remodelación do pazo, Carme Pinós, da UTE Pinós-Enrich, quen exporá o proxecto básico e os cambios de uso na finca de Lourizán. Haberá, tamén, unha mesa redonda onde se abordará a historia e a importancia do pazo desde diferentes perspectivas, coas intervencións do catedrático de Historia Contemporánea da USC Ramón Villares Paz, xunto co director do Centro de Investigación Forestal de Lourizán, Enrique Martínez Chamorro, a directora de Promoción da Axencia Turismo de Galicia, Carmen Pita Urgoiti, e técnicos do CIS-Madeira. Clausurará a xornada o director da Axencia Galega da Industria Forestal XERA, Alfredo Fernández Ríos.
Para asistir é preciso inscribirse
Galego









Control OJD