O Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo dependente da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, organiza o sábado 16 de novembro a xornada técnica “Avances recentes no manexo e alimentación do porco ibérico. Aplicación ao porco celta”.
A xornada consistirá nunha viaxe á dehesa salmatina, onde os asistentes poderán coñecer de primeira man as prácticas innovadoras de dúas ganderías de porco ibérico. Estas prácticas inclúen sistemas de manexo en silvopastoreo, dietas con inclusión de forraxes e alimentación individualizada para nais reprodutoras e animais en fase de cebo.
Con esta xornada búscase modernizar e innovar as ganderías de Porco Celta mediante prácticas innovadoras en materia de manexo e alimentación. Preténdese mellorar a capacitación dos traballadores do sector, promovendo técnicas que respecten o medio ambiente e melloren a eficiencia produtiva.
A actividade sitúase dentro do Plan de Transferencia Tecnolóxica 2024 e está cofinanciada polo Feader nun 60%, polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación nun 12% e pola Comunidade Autónoma de Galicia nun 28%. A entrada é de balde e a inscrición está aberta ata o 10 de novembro e pode realizarse a través deste enlace.
Código da actividade: TT2024F115001
Programa da xornada:
- 07:00. Saída en autobús dende o Pazo de Feiras con destino á dehesa de Salamanca
- 12:00-14:00. Visita á gandería de reprodutoras de porco ibérico en Castraz, Salamanca
- 14:00-16:00. Pausa para comida (non incluída na viaxe)
- 16:30-19:30. Visita á gandería de engorde de porco ibérico en montañeira en Fuentes de Oñoro, Salamanca
- 20:00. Regreso para Lugo (chegada aproximada 01:00h)
Para máis información:
roberto.besteiro.doval@xunta.gal ou chamar ao 881881824