A conferencia de ideas de Alltech (ONE17), que se celebrará do 21 ao 24 de maio en Lexington (Kentucky, EE. UU.), promete ser unha fonte de inspiración e motivación para os produtores e os líderes da industria agrogandeira, pero, máis importante aínda, promete prepararlles para o futuro. A conferencia de tres días reunirá a expertos do sector vindos de todo o mundo para compartir ideas e solucións aos problemas máis perentorios aos que se enfrontan hoxe en día a agricultura e a gandería.
Para dar a oportunidade a que cada sector da agricultura e a gandería participe na disrupción, ONE17 incluirá varios bloques temáticos, incluída unha sesión específica dedicada ao vacún de leite. Desde abordar as leis gobernamentais a debater sobre a explotación leiteira do futuro, ONE17 ofrecerá solucións reais aos produtores leiteiros.
“Cremos que é fundamental inspirar a todas as persoas involucradas na industria agrícola e gandeira para que poidan abrazar a disrupción”, destacou o Dr. Pearse Lyons, fundador e presidente de Alltech. “A sesión dedicada ao vacún de leite brindará a oportunidade aos produtores leiteiros de descubrir estratexias prácticas e rendibles que garantan o futuro da súa granxa”.
Sesión temática de ONE17 dedicada ao vacún de leite
A historia de Kerrygold: aplicar a disrupción a un produto, cambiar o seu sabor e implicar ao gandeiro: ¿como logrou Kerrygold converterse, grazas á súa posición privilexiada como disruptor da industria, nun líder do mercado da manteiga?
O Internet das cousas e o modelo Nespresso: consolidar un servizo único para as explotacións leiteiras: ¿como beneficia ás granxas comunicar datos en tempo real a un equipo de nutrólogos?, como poden satisfacerse as necesidades nutricionais diarias do rabaño mediante un dispositivo especial para a mesturadora?
Unha historia porta a porta: ¿que pode aprender a industria leiteira do éxito dos amish de Pensilvania?
Disrupción na industria leiteira: un estudo de caso que ilustra como as novas necesidades permitiron agudizar o enxeño en Arabia Saudita.
A explotación leiteira do futuro: ¿é a robótica a nova disrupción da industria leiteira?
Disrupción en Washington: ¿que pode esperarse do novo escenario de liderado?, como podería impulsarse a disrupción na cadea alimentaria e o comercio mundial?
Para obter máis información sobre a sesión temática de ONE17 dedicada ao vacún de leite, visite: one.alltech.com/dairy.
Únase á conversación en Twitter coa etiqueta #ONE17.