Oferta de emprego nunha gandería de leite de Zas

Vista da Gandería Moreiras de Zas, que ten 90 vacas en produción

Vista da Gandería Moreiras, de Brandoñas (Zas), que ten 90 vacas en produción

Granxa Moreira, de Brandoñas, no municipio coruñés de Zas, busca un empregado ou empregada para axudar nas tarefas diarias desta explotación de vacún de leite. 

O traballo a desempeñar sería principalmente o de muxir así como, de xeito complementario, o resto de tarefas da gandería, como o mantemento das camas, a aplicación de tratamentos, a limpeza de silos, etc.

O empregado ou empregada tería como función servir de apoio ao matrimonio titular da explotación. É a primeira vez que esta gandería de Zas que mantén uns 90 animais en produción busca un traballador de reforzo. 

Están a buscar, preferiblemente, unha persoa con experiencia demostrable que sexa capaz, nun momento puntual, de poder quedar soa á fronte do manexo do gando e do resto de traballos para, deste xeito, facilitar a organización dos turnos de descanso cos propietarios.

Granxa Moreira conta con distintas melloras e mecanizacións encamiñadas a facilitar o traballo na explotación, como son un arrimador automático de comida, encamadora e fresadora para o mantemento dos cubículos ou carro mesturador pertencente a unha CUMA para a elaboración das racións para o gando, polo que boa parte do traballo requerido consistiría en tarefas de muxido e limpeza da sala que, polas súas dimensións, fai que este proceso se alongue até case unhas tres horas de duración á mañá e á noite.   

Os interesados/as neste posto de traballo poden chamar a Diego ao teléfono 608 164 909 ou mandar o currículo ao email granxamoreira@hotmail.com

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información