Obradoiro sobre apicultura sostible en Rábade

No marco do proxecto CAPRIF-CC,  a Casa das Ínsuas oroganiza un Obradoiro de apicultura sostible na fin de semana do 26, 27 e 28 de setembro e do 24, 25 e 26 de outubro.

Esta actividade formativa, de 36 horas lectivas desenvolverase entre a Casa das Ínsuas (Rábade) e o Ecomuseo El País del Abeyeiro (Negueira de Muñiz), e incluirá contidos teóricos e prácticos.

Inscrición:

Podes reservar a túa praza nesta ligazón: https://forms.gle/JHngiP2qkNGSThsT6

Programa formativo sobre aproveitamentos multifuncionais e sostibles ao redor da apicultura, a súa compatibilidade coa biodiversidade e a súa valorización a través do deseño e comercialización de produtos sostibles. Desenvolverase un curso de apicultura sostible e comercialización diferenciada de produtos,
de 36 horas de duración, que aúna os contidos teóricos e prácticos.

Captura de pantalla 2025-09-17 154315 Captura de pantalla 2025-09-17 154323 545423117_122174630444451213_3542856318424602410_n

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información