Obradoiro en Boqueixón de cata de aceite de oliva virxe extra

Publicidade

O Centro de formación e experimentación agroforestal de Sergude, dependente da Consellería do Medio Rural, ten previsto celebrar unha acción de formación profesional e adquisición de competencias na cata de aceite de oliva virxe extra. O obradoiro darase entre os días 18 e 22 de xullo en horario de tarde, dende as 16:00 ás 21:00 horas.

O programa deste curso trata unha serie de aspectos sobre a cata de aceite de oliva, comezando polas nocións básicas e continuando con leccións prácticas. Así, farase unha determinación práctica dun defecto do aceite e unha cata de tres intensidades diferentes dese defecto. Tamén se lles ensinará aos asistentes a diferenciar diferentes variedades de aceite de oliva.

A Axencia Galega da Calidade Alimentaria, a través da formación non regrada e dentro do Plan de formación continua 2022, pretende neste caso que o alumnado adquira as nocións para poder empregar a cata de aceite coma mecanismo de detección da súa calidade organoléptica e así saber diferenciar entre aceite “Virxe”, “Virxe Extra” e “Lampante”.

Así mesmo, o curso tamén pretende ofrecer unha oportunidade laboral á xuventude do medio rural galego, así como a aquelas persoas pertencentes (ou con expectativa de incorporación) aos sectores produtivos relacionados coa agricultura e a industria agroalimentaria.

Para participar pódese descargar a solicitude nesta ligazón https://ovmediorural.xunta.gal/gl/consultas-publicas/accions-formativas O coordinador poñerase en contacto coas persoas interesadas a través do correo electrónico comunicándolle se está ou non admitido. Para consultar calquera dúbida, pode chamarse ao teléfono 881 86 73 31, ou enviarse un correo a cursos.agacal.sergude@xunta.gal

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información