Obradoiro de enxertos de primavera en froiteiras

Publicidade

A Fundación Juana de Vega incorpora ao programa dos cursos de fruticultura o Obradoiro de enxertos de primavera (nivel iniciación). 

A formación impartirase o mércores 17 e xoves 18 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas e ten un custo de 60 €. As prazas están limitadas a 25 persoas.

Con esta formación de dous días dáse continuidade aos cursos de poda de árbores froiteiras e á poda de viñedo que se realizaron a principios de 2026, incorporando unha técnica complementaria á poda e esencial para a multiplicación, adaptación e conservación de árbores froiteiras.

Se a poda contribúe a formar a árbore, equilibrar o seu desenvolvemento e mellorar a calidade e cantidade de froita, o enxerto permite traballar sobre a reprodución varietal, a elección de portaenxertos, a recuperación de variedades locais e a adaptación do material vexetal a diferentes condicións produtivas.

Ligazón para inscribirse e consultar o programa completo

obradoiro enxertos primavera juana de vega 26

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información