Obradoiro de alimentos ecolóxicos e de proximidade en Friol

O curso terá lugar no centro biocárnico Traloagro a vindeira semana en horario de tarde e contará con talleres prácticos de elaboración de conservas, licores ou infusións. A inscrición é gratuita

Publicidade
Data inicio: 31/08/2020
Data fin: 04/09/2020
Lugar: Ecotenda con carnicería Traloagro, Parcela, Friol, Spain

alimentos agroecoloxicos e produtos de proximidadeO centro de transformación e venda de carne ecolóxica Traloagro de Friol acollera a vindeira semana un obradoiro de alimentos agroecolóxicos e de proximidade que terá lugar dos día 31 de agosto ao 4 de setembro pola tarde, en horario de 16:00 a 20:00 horas, na aula de formación deste centro biocárnico e ecotenda inaugurado a finais do ano pasado no Polígono Industrial da localidade e vinculado a unha explotación ecolóxica de polos e de carne de vacún de raza rubia galega.

Organizado polo Grupo de Desenvolvemento Rural da Comarca de Lugo (GDR4) coa colaboración do Concello de Friol, esta actividade enmárcase no programa de actuación 2019 da Rede Eusumo, unha rede de colaboración impulsada pola Secretaría de Emprego da Xunta para o fomento do cooperativismo e a economía social que conta co financiamento do Ministerio de Traballo.

Nestes obradoiros analizaranse e reflexionarase sobre as novas formas de consumo de alimentos, como son os alimentos ecolóxicos, os da economía social e solidaria, e tendencias do seu mercado, como a economía colaborativa ou alternativas ás canles habituais de venda e consumo.

Hoxe en día o consumidor valora moito o sabor dos produtos agroecolóxicos, pero non é ese o principal motivo de consumo. Aspectos como a maneira de producir, o lugar de orixe, o emprego de materiais renovables nos empaquetados, a ausencia de contaminación no seu transporte, ou o reparto de beneficios entre os protagonistas da cadea de valor son de interese para consumidores.

Modos emerxentes de producir e consumir

Ben por impulsar un cambio social, ben por estar desconformes coas desigualdades sociais do sistema económico, existen distintos modos de producir e de consumir. Alternativamente á produción ecolóxica, e tamén compatible coa mesma, está o consumo social e solidario. Entran aquí en xogo empresas sociais, cooperativas, asociacións, fundacións, grupos de consumo. Grazas á globalización e posta en común de intereses dos consumidores, hoxe triunfan modelos de economía colaborativa, como a compartición ou intercambio de vivendas, automóbil, ou mesmo alimentos e comidas.

O obradoiro está dirixido a concellos rurais, persoas que aposten por novas formas de consumo, produtores ecolóxicos, persoas interesadas no emprendemento cooperativo e público en xeral. 

A duración será de 20 horas repartidas en 5 sesións presenciais e o horario será de 16:00 a 20:00 horas os días 31, 1, 2, 3 e 4 de setembro. As inscricións, que teñen carácter gratuito, poden realizarse a través dos teléfonos 982238000 e 679732163 e do email info@comarcadelugo.gal.

Programa: 
C:UsersMartaAppDataLocalTempmsoD070.tmpcartel curso alimentos agroecoloxicos Friol

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *