O vindeiro mes adxudicaranse 17.000 toneladas de madeira procedente de Pontevedra nunha poxa pública en liña

A Consellería de Medio Rural saca a concurso 19 lotes de madeira procedentes da corta de montes veciñais conveniados, cun valor aproximado aos 300.000 euros

O vindeiro mes adxudicaranse 17.000 toneladas de madeira procedente de Pontevedra nunha poxa pública en liña

Lote de madeira en cargadoiro. / Arquivo.

A Consellería do Medio Rural anuncia a convocatoria dunha poxa pública en liña de 17.000 toneladas de madeira correspondentes a comunidades de montes veciñais en man común que teñen convenios de xestión coa Xunta. A madeira está organizada en 19 lotes de piñeiro do país e eucalipto branco, xunto con cantidades reducidas doutras especies. A superficie na que se cortaron estes lotes será renovada por novos pés.

15 dos 19 lotes contan con certificacións medioambientais internacionais

Dentro das características desta madeira, cómpre destacar que 14 dos 19 lotes de madeira contan con certificación forestal sostible PEFC e a maiores, un con dobre certificación PEFC e FSC. Este tipo de certificación forestal garante a xestión respectuosa co medio ambiente dos montes dos que provén esta madeira. As empresas que opten aos lotes deberán dispor dun certificado de cadea de custodia para permitir a súa trazabilidade.

Esta poxa será electrónica, o que implica que todos/-as licitadores/-as realizarán os trámites de xeito telemático, tanto a consulta sobre a dispoñibilidade dos lotes, a poxa final ou mesmo o seguemento do proceso mediante unha sala virtual que se habilitará. A maiores, tamén poden presentar directamente as súas ofertas económicas na Sede Electrónica da Xunta de Galicia, onde terán acceso ao vídeo explicativo elaborado ao efecto.

A persoa ou entidade adxudicataria constituirá a garantía definitiva do 5% do prezo da adxudicación, agás nos expedientes nos que o aproveitamento se realice a resultas da liquidación final. Neste último caso engadirase unha garantía complementaria acadando unha garantía definitiva dun 10%. O prazo para constituíla será de 10 días hábiles desde que regulamentariamente se lle comunique a proposta de adxudicación da madeira.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información