O Valadouro mantén a súa Feira do Mel, unha das máis antigas de Galicia

Este concello da Mariña adaptou o programa do vindeiro sábado ás condicións actuais motivadas pola pandemia sanitaria pero quixo manter a cita para apoiar deste xeito aos produtores locais

Feira do Mel O ValadouroO próximo sábado, 10 de outubro, O Valadouro ensalzará un ano máis o seu produto máis famoso na Feira do Mel da localidade, unha das que primeiro se comezou a organizar en Galicia, fai xa 33 anos.

Unha edición, a do 2020, que se ve condicionada pola pandemia da COVID-19 e que cambia de localización respecto ás últimas edicións. Os apicultores e demais vendedores de produtos de tempada como poden ser as castañas ou a mazá, poñerán á venda as súas colleitas na explanada do parque Concepción Arenal, nun recinto delimitado e con control de aforo adaptado á normativa vixente por mor do coronavirus.

As degustacións, os shows cooking e o roteiro de tapeo que se celebrou por primeira vez na anterior edición foron suprimidas da programación, onde se manteñen os sorteos de lotes de produtos entre os asistentes, que esta vez en lugar de realizarse presencialmente serán a través do sorteo da ONCE. A Banda de Música O Landro amenizará as rúas da Vila de Ferreira e ás 13:30 horas a banda de Gaitas Mondrun dará un concerto na Praza de Santa María.

O Valadouro conta con apicultores, fruticultores e produtores de horta, que poderán vender os seus cultivos de tempada no Mercado de Outono 

O Concello do Valadouro busca manter unha cita marcada na súa tradición, que durante anos serviu para dar publicidade e valor ao ouro líquido que se extrae das máis de 500 colmeas asentadas no seu termo municipal. Do mesmo xeito, a Feira do Mel faise coincidir co Mercado de Outono, de maneira que tamén se venderán outros produtos de tempada que se dan neste municipio mariñao, como as castañas, as mazás ou os cultivos de horta. 

cartel Feira do Mel do Valadouro 2020

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información