
Este sábado 9 de outubro celébrase no Valadouro a tradicional Feira do Mel que chega xa á 34 edición. Nesta ocasión, a feira ubicarase na Praza de Santa María de Ferreira e a rúa Andrés López Palmeiro e contará coa presenza de numerosos produtores de mel, mazá, castañá e produtos de tempada, xa que nos últimos anos coincidindo coa Feira do Mel celébrase tamén o Mercado de Outono.
Nesta edición e en colaboración cos establecementos da hostalería local organízase unha ruta de tapeo polos distintos locales e entre todos os participantes sortearase un premio. Entre os asistentes ao mercado, realizaranse tamén dous sorteos con dous lotes de produtos da feira.
Nos últimos anos está a renacer a apicultura na zona coa incorporación de xente moza
Ademáis, dentro da programación da Feira do Mel e o Mercado de Outono tamén se realizará a presentación do libro de Prudencio Vivero Os irmáns de América e haberá animación de rúa, xogos pola tarde para público infantil e moitas outras actividades.
O Valadouro conta cunha importante tradición apícola que está a renacer nos últimos anos grazas ao relevo xeracional e a entrada no sector de novos produtores, algúns deles premiados pola calidade do seu mel. Neste val fértil está a proliferar tamén a produción de froiteiras, sobre todo con plantación de maceiras.
Curso de iniciación aos cogomelos
Outro dos recursos dos montes do Valadouro, ás portas xa da serra do Xistral, é a produción de cogomelos. Con miras a poder aproveitar este potencial, o Concello do Valadouro organiza o vindeiro domingo 17 de outubro unha clase teórico-práctica que dará a oportunidade aos participantes de iniciarche no mundo dos cogomelos.
As froiteiras son outra das actividades que está a medrar neste fértil val da Mariña
A sesión desenvolverase de 9:30 a 13:30 horas na escola de agricultura ecolóxica do Valadouro. Para inscribirse hai que chamar ao 982574000 en horario de 9 a 14 horas, xa que as prazas son limitadas.