O tempo: Prevén un verán “normal” en Galicia despois dunha primavera cun 40% máis de choivas

O tempo: Prevén un verán “normal” en Galicia despois dunha primavera cun 40% máis de choivas

Este verán en Galicia será “normal” desde o punto de vista climatolóxico, con días de vendo do nordés, treboadas e algo de néboa. Así o adiantou este xoves en rolda de prensa o delegado territorial da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) en Galicia, Francisco Infante.

Aínda que a predición a varios meses vista ten “unha incerteza bastante grande”, o responsable de Aemet avanzou que as predicións apuntan a que o verán que comeza hoxe será “un verán bo”.

En canto ao balance desta primavera, Francisco Infante destacou que foi fría e chuviosa, cun 40% máis de choiva do normal, especialmente nas comarcas do interior de Galicia. De feito, a pasada primavera foi a que maior número de días con precipitacións tivo nos últimos 48 anos; así en Galicia choveu 57 días, vinte días máis da media habitual, fixada en 37 días.

E no relativo ás temperaturas, os datos de Aemet revelan que foi “unha primavera fría” cun 0,4 % por baixo da media e cun mes de marzo dos máis fríos desde o ano 1981.

aemet_primavera_18_choiva
aemet_primavera_18_precipitacions

As abundantes precipitacións fixeron posible que o período de seca que viña arrastrando na comunidade dese o ano pasado finalizase no mes de marzo. Así, e cando aínda quedan catro meses para que finalice o ano hidróloxico, en Galicia xa se recolleron 1.093,5 litros por metro cadrado, o que supón un 78 % da media anual, fixado en de 1.403,5 litros por metro cadrado.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información