
O Sindicato Labrego Galego asegura que as tres empresas que máis leite recollen en Galicia arroxan diferencias de ata 6,7 céntimos por litro entre as granxas con maiores entregas de leite e as que menos producen. As diferencias estaríanse dando nos contratos que se renovan estes días e que abranguen o período agosto 2025-marzo 2026.
Segundo a economista do sindicato, Ana Rodríguez, “existe unha diferenza significativa entre as granxas que venden máis leite e as que venden menos, coa mesma calidade de leite. Por exemplo, en Capsa a diferencia é de 6,7 céntimos/litro; en Lactalis de 5,5 céntimos/litro, e en Lence de 4 céntimos/litro.”
Dende o SLG insisten en que “non existe ningún motivo obxectivo polo que as pequenas granxas que producen en Galiza cobren menos polo leite. É máis, en todo caso deberían ser especialmente remuneradas polo seu aporte á vértebra social, desenvolvemento económico e coidado ecosistémico das zonas nas que se localizan.”
Rodríguez asegura que “As primas por cantidade volven penalizar as granxas máis pequenas. “Os incrementos no prezo base foron de 3,4 céntimos/litro, pero logo ao modificarse algunhas primas o incremento non foi tan relevante. As empresas xogan co cambio nas primas entón é bastante difícil facerlle o seguimento e saber o que imos cobrar”.
A organización solicita que “todas as industrias que discriminan ás pequenas e medianas granxas galegas poñan fin a esa agresiva estratexia comercial que afecta as unidades produtivas máis vulnerábeis do elo máis feble da cadea láctea.” Ao mesmo tempo, O SLG demanda un incremento de prezos a todas as granxas, acorde cos prezos medios estatais e europeos.
Nesa liña, o coordinador do sector lácteo no SLG, Xulio Fernández, lembra que Galicia segue a ser a comunidade autónoma onde menos se paga o leite dentro de España e que é tamén a que ten os prezos máis baixos dentro das principais rexións produtoras da UE. Fernández indica que esta situación de cotizacións en Galicia é a que leva a que os prezos medios en España sexan dos máis baixos de Europa cando, cun prezo xusto en Galicia, eso non sucedería.
Finalmente, o sindicato lembra que o diferencial de prezos que hai entre as granxas máis pequenas e as máis grandes supera os 8 céntimos –8,57 céntimos segundo os datos da Consellería do Medio Rural do mes de maio-. E vai medrando no que vai de ano xa que no mes de marzo era de 6,6 céntimos.
O SLG plasmou nas seguintes táboas os seus estudos sobre os contratos:
Galego









Control OJD