O SLG cuestiona os cambios de criterio da Xunta nas axudas para tratamentos silvícolas

A organización agraria advirte de que as habituais correcións de erros dificultan as solicitudes por parte dos potenciais beneficiarios

O SLG cuestiona os cambios de criterio da Xunta nas axudas para tratamentos silvícolas

A orde de axudas de silvicultura modificouse a 6 días do fin do prazo.

O Sindicato Labrego Galego (SLG) cuestiona os continuos cambios que aprecia nas ordes de axudas ligadas á xestión forestal. En concreto, a organización chama a atención sobre a modificación que se introduciu a última hora nas subvencións para tratamentos silvícolas, pois entende que moitos potenciais beneficiarios quedarán fóra das axudas pola “ineficiencia da Administración”.

A liña de subvencións para tratamentos silvícolas (podas, rozas, rareos, etc.) convocouse o pasado 12 de xaneiro. Un dos condicionantes para acceder ás axudas era que os montes con superficies superiores a 25 hectáreas -principalmente montes veciñais- tiñan que contar cun proxecto de ordenación. Esa obriga deixaba fóra a moitos potenciais solicitantes, se ben o pasado 21 de febreiro, Medio Rural publicou unha corrección de erros pola que, entre outras cousas, eliminaba ese condicionante.

O prazo de solicitude das axudas remata o 16 de marzo, polo que as comunidades que agora pasan a cumprir os criterios da convocatoria, teñen ata entón para presentar a súa solicitude.

Ordenación
Por último, o SLG tamén cuestiona que nos últimos 5 anos non houbera axudas para a ordenación de montes por parte da Consellería, cando a partir do 2019 será unha condición obrigatoria para acceder a axudas. A partir do 2020, a maiores, todos os montes deberán contar cun plan de ordenación ou adherirse ós modelos silvícolas deseñados pola Consellería para poder executar cortas, segundo lembra a organización agraria nunha nota de prensa.

Fe de erros: Na información orixinal informábase por erro de que o prazo de solicitude das axudas de silvicultura remataba o 27 de febreiro. Correxiuse para precisar que conclúe o 16 de marzo.

2 ideas sobre “O SLG cuestiona os cambios de criterio da Xunta nas axudas para tratamentos silvícolas

  1. javier

    Ollo coa información que se publica, hai que comprobar as fontes… está mal a data de remate xa que é o 16 de marzo … podedes crear moitos problemas por moita mala idea e poucos coñecemento das subvencións…

    Contestar
  2. Campo Galego

    O erro está correxido. Foi responsabilidade tanto da fonte como nosa.

    Grazas por avisar.

    Contestar

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información