O SLG considera “ridículas” as axudas para os danos do xabaril

O SLG  considera “ridículas” as axudas para os danos do xabaril

Finca de millo estragada polos xabaríns

O Diario Oficial de Galicia publicou este venres a orde que regula as axudas para paliar os danos do xabaril sobre os cultivos. Para o Sindicato Labrego Galego (SLG), a partida de 600.00 euros que en 2016 destina a Consellería de Medio Ambiente para estas axudas “é ridícula” e advirte de que “só se cubrirán os danos producidos durante tres meses”.

En concreto, o SLG denuncia que “en 2016 só se concederán axudas para paliar os danos feitos polo xabaril en cultivos do 15 de xullo ao 10 de outubro, quedando os restantes 9 meses sen ningún tipo de cobertura”. Deste xeito, a organización agraria advirte de que “os numerosos estragos producidos en cultivos como os cereais ou a pataca no que levamos de 2016 ficarán sen compensar”.

Ademais, o Sindicato Labrego considera “irrisoria” a partida de 600.000 euros destinada pola Xunta para paliar os danos do xabaril nos cultivos en todo este ano. E compáraa coas partidas de concellos como Somiedo, na veciña Asturias e en Parque Natural, onde investirán 300.000 euros para compensar os danos da fauna salvaxe no agro.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información