O Sindicato Labrego organiza un curso de elaboración de queixos en Chantada 

Será impartido polo mestre afinador José Luís Martín e desenvolverase no local social de Arcos do 14 ao 18 de setembro

Publicidade
Data inicio: 14/09/2020
Data fin: 18/09/2020
Lugar: Arcos, Chantada, Lugo

O Sindicato Labrego Galego organiza un curso de elaboración de queixos que se desenvolverá no local social de Arcos (Chantada) do 14 ao 18 de setembro. As persoas que participen poderán elixir horario de mañá ou de tarde, de 10:00 a 14:00 ou de 16:00 a 20:00 horas, e as clases serán impartidas polo mestre queixeiro José Luís Martín.

Entre outros datos relevantes do seu currículo, Martín é asesor dalgunhas das queixerías de máis renome da Galicia e do Estado, director de Gourmetquesos no Salón de Gourmets e organizador do Campionato dos Mellores Queixos de España.

O curso é gratuíto e inclúe unha visita á queixería Airas Moniz

Ademais da parte teórica, os asistentes participarán tamén nunha visita práctica á queixería Airas Moniz, en San Salvador de Asma (Chantada). Vén de abrirse o prazo para anotarse. O curso é gratuíto, xa que está financiado ao 100% polo Ministerio de Agricultura, e as prazas son limitadas. As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao 982 440 804 ou escribindo ao email chantada@sindicatolabrego.com.

cartel curso queixos SLG Chantada

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *