O Sindicato Labrego organiza este sábado en Sarria o festival “Son Labreg@”

O Sindicato Labrego organiza este sábado en Sarria o festival “Son Labreg@”

O Sindicato Labrego Galego, coa colaboración das asociacións Os Gorriós e O Buril, organiza este sábado, 2 de setembro, na parroquia de Louseiro e na vila de Sarria, o Festival Son Labreg@, no que haberá música, obradoiros, xantar, palestras e lecer.

Desta maneira, está previsto que, dende ás 11:00 horas se celebren varias mesas redondas ao longo do día baixo títulos como “Problemáticas do medio rural e políticas alternativas”, “A muller no medio rural galego” ou “Experiencias alternativas no medio rural”.

Todas estas palestras estarán moderadas pola secretaria xeral do Slg, Isabel Vilalba Seivane, e contarán coa participación de nomes como Lidia Senra (eurodeputada), Mini Rivas (deputado polo BNG no Parlamento de Galiza), Davide Rodríguez (deputado por En Marea no Parlamento de Galiza), María Ferreiro (responsábel da Secretaría das Mulleres do SLG) ou Rebeca Raso (economista). Nas mesas tamén participarán labregos e labregas para compartir as súas experiencias como Mauro Álvarez Cortés, Dora Cabaleiro ou Sonia Vidal, entre outras persoas.

Actuacións musiciais

A parte musical correrá a cargo dos grupos Desviaos, Xenderal, Maskarpone e O Leo i Arremecághona. Ademais, haberá obradoiros sobre elaboración de cosméticos naturais, elaboración de queixos, linguaxe galega e linguaxe non sexista.

O Festival Son Labreg@ é unha iniciativa que xurdiu dun grupo de mozos e mozas vinculados ao rural, con relación tanto coa actividade agropecuaria como con movementos sociais. Ademais, todos e todas teñen como denominador común “compartir a loita por un futuro digno para a xente que vive no medio rural”.

Velaquí o programa:

Cartaz Son Labrego

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información