As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

O Sindicato Labrego organiza asembleas informativas para tratar os cambios da nova PAC

A primeira das charlas celébrase o próximo martes en Chantada. Teñen programados 25 encontros en distintos puntos de Galicia

O Sindicato Labrego organiza asembleas informativas para tratar os cambios da nova PAC

O Sindicato Labrego Galego-Comisións Labregas (SLG-CCLL) iniciará o vindeiro martes día 15 de novembro en Chantada unha rolda de asembleas informativas sobre a Política Agraria Común (PAC) que comezará a ser aplicada a partires do 2023. Nestas reunións abordarán cuestións coma os novos pagos, a conversión dos dereitos, os ecoréximenes, a condicionalidade reforzada ou as novas agroambientais, entre outras cuestións.

“A nova PAC vaise solicitar en marzo e abril do 2023, pero as labregas e labregos precisamos saber as súas características e requisitos antes de que entre en vigor”, apuntan ó tempo que animan a asistir a algunha das asambleas informativa que van realizar.

Ademais, como apuntan dende o Sindicato Labrego, canda a nova Política Agraria Común, para o ano 2023 entra en vigor moita normativa que tamén mudará fondamente a vida das granxas.

Fixadas 25 charlas

A organización agraria ten programadas 25 asembleas en toda Galicia, nas que farán un repaso por todas as axudas da solicitude única e os requisitos das mesmas. A primeira das charlas terá lugar o vindeiro martes día 15 de novembro en Chantada (Lugo). Será ás 11.00 horas no local do Sindicato Labrego Galego da vila, situado na rúa Emilia Pardo Bazán, á altura do número 11. As persoas que queiran solicitar máis información sobre a charla de Chantada poden facelo no teléfono 666 935 548.

Neste mes tamén realizarán outras 11 charlas. As datas fixadas neste momento para a segunda quincena de novembro son as seguintes:

  • 16 de novembro en Lourenzá e Ordes
  • 17 de novembro en Xinzo
  • 18 de novembro en Arzúa e Melide
  • 22 de novembro en Currelos (O Saviñao) e Castroverde
  • 23 de novembro en Carballo
  • 24 de novembro en Becerreá
  • 29 de novembro no Corgo
  • 30 de novembro en Láncara

PAC_CHANTADA_15N22_SLG

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información