O Sindicato Labrego denuncia que os seguros agrarios para viñedo “son caros e non se adaptan a Galicia”

Publicidade
O Sindicato Labrego denuncia que os seguros agrarios para viñedo “son caros e non se adaptan a Galicia”

Viñedo arrasado pola xeada no Ribeiro. Foto: Paco Rego

O Sindicato Galego Labrego denuncia que as pólizas de seguros agrarios para viñedo “son moi caras e non se adaptan á realidade de Galicia”.

Para a organización agraria, os graves danos provocados esta semana polas xeadas en catro Denominacións de Orixe Galegas (Monterrei, Valdeorras, Ribeiro e Ribeira Sacra)  revela “a indefensión de boa parte dos labregos e labregas de Galiza que, no meirande, non subscriben seguros agrarios porque as pólizas non se adaptan á realidade do país, adoitan a ser moi caras e, decotío, as indemnizacións a que che dan dereito son insuficientes”.

“Non se entenden que pola uva Godello só paguen unha indemnización de 40 céntimos o kilo e pola Treixadura 0,80”

En concreto, denuncia o caso da “uva Godello, que normalmente cotiza a un valor ao redor de 1 euro, pero pola que o seguro só che dá unha indemnización de 40 céntimos en caso de perda, cando outras castes como Treixadura obteñen compensacións de 80 céntimos, máis axustadas á realidade”. “Ademais, -engaden. os seguros agrarios experimentaron un notable incremento no último ano, polo que cada vez son menos explotacións as que están dispostas a subscribilos”.

Por iso, ademais de acordar medidas de apoio para compensar as perdas, dende o instan a Medio Rural “a estudar a fondo os prezos e coberturas dos seguros agrarios para reclamar, ao Ministerio de Agricultura, que se adapten ás necesidades e realidade dos nosos sectores agrarios e sexan, realmente, unha ferramenta para prever de maneira efectiva crises como a actual”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información