O Sindicato Labrego demanda un “compromiso de recollida” da uva na Ribeira Sacra

A organización agraria pide da Xunta aclaracións sobre como se van repartir as axudas anunciadas para apoio ós viticultores

Publicidade
O Sindicato Labrego demanda un “compromiso de recollida” da uva na Ribeira Sacra

O anuncio dun paquete de medidas da Xunta para a Ribeira Sacra xera dúbidas no Sindicato Labrego, que mantén a convocatoria conxunta de protestas para este venres ás 12 horas ante a sede do Consello Regulador, en Monforte de Lemos.

A organización agraria insiste na necesidade dun compromiso de recollida da uva na actual vendima, con prezos axeitados. Para o Sindicato Labrego, quedan moitas dúbidas abertas tralo anuncio do paquete de medidas, en especial sobre como se van repartir as axudas anunciadas para os viticultores.

“As axudas van ser tamén para quen poida vender toda a uva na actual vendima?. Podería unha grande adega deixar de recoller a uva ós viticultores (proveedores habituais), transformar a uva propia e recibir axuda polos seu viñedos propios?”, inquiren.

A organización agraria tamén pregunta polos importes previstos. Se tódalas hectáreas da Ribeira Sacra tiveran acceso ós apoios, estes serían de arredor de 2.000 euros / hectárea en bancais e de 1.000 euros / hectárea no resto de terreos, pero quedan por concretar os criterios de reparto.

No tocante á destilación de crise, o Sindicato Labrego pregúntase para que vai servir se as adegas seguen comunicando que non recollen a uva. A organización agraria pregúntase polo alcance e interese da medida, despois de que a Consellería a teña anunciado hai xa meses, con previsión de convocala nas próximas semanas.

Sobre a proposta de Medio Rural de que máis viticultores se acollan ós ecorreximes da PAC para viñedo, a organización agraria sinala que é preciso un mínimo de 4 hectáreas de superficie para optar a eses ecorreximes, o que é raro na Ribeira Sacra, salvo no caso dos viñedos propiedade de adegas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información