O Sindicato Labrego cuestiona as cláusulas de custes nos contratos do leite

A organización agraria considera que as industrias lácteas están esquivando de xeito “ilegal” a reforma da Lei da Cadea Alimentaria, que obriga a que os prezos pagados no campo cubran os custes de produción

O Sindicato Labrego cuestiona as cláusulas de custes nos contratos do leite

A recente reforma que fixo da Lei da Cadea Alimentaria o Ministerio de Agricultura, presionado polas fortes protestas do agro en todo o Estado, obriga a que os prezos pagados no campo cubran os custos de produción de gandeiros e agricultores. A nova normativa, sen embargo, está a ter unha aplicación práctica que non gusta no sector lácteo.

O Sindicato Labrego asegura en nota de prensa que as industrias están a impoñer “baixo ameaza” o seu criterio sobre custes de produción, establecendo cláusulas de xeito unilateral que indican que o contrato cubre custes de produción. A organización agraria considera que iso é falso e lamenta que non haxa unha referencia oficial no sector lácteo para regular os custes de produción nos contratos.

O Sindicato Labrego acusa de pasividade ó Ministerio de Agricultura e á Xunta de Galicia. “En Galicia, Medio Rural ten comprometidos estudos sobre os custes de produción nas granxas de leite, pero aínda estamos agardando”, cuestiona a organización.

En tanto non haxa un maior control administrativo sobre os contratos do leite, o Sindicato Labrego anuncia que estudará demandas contra as industrias naqueles casos nos que se poida comprobar, coa contabilidade de cada granxa, que se está vendendo o leite por baixo dos custes de produción.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información