O Sindicato Labrego advirte un aumento de plantación de eucaliptos para eludir a futura moratoria

O Sindicato Labrego advirte un aumento de plantación de eucaliptos para eludir a futura moratoria

A futura moratoria de novas plantacións de eucalipto, que quedará decretada este ano, previsiblemente antes do verán, está a provocar un “efecto chamada”, segundo o Sindicato Labrego. A organización agraria envioulle un escrito á Consellería do Medio Rural no que comunica a súa preocupación polo “aumento das plantacións de eucalipto”.

Desde o Sindicato Labrego, destacan que están recibindo “numerosas queixas” nas súas oficinas comarcais en relación a novas plantacións de eucalipto.

“Se ben estamos de acordo coa moratoria, pensamos tamén que esta debe establecerse de maneira inmediata, cun regulamento concreto e claro para o seu desenvolvemento, e con suficientes recursos para garantir o seu cumprimento”, demanda a organización agraria.

Queixas por plantacións ilegais
Outro problema que se está detectando nas oficinas comarcais do Sindicato Labrego é a realización de plantacións ilegais, en zonas nas que xa non se podía plantar eucalipto, ben en terras agrarias, ben en parcelas de frondosas caducifolias ou en espazos naturais protexidos.

“Solicitamos da Consellería que se intensifiquen as tarefas de seguemento e control das plantacións ilegais, reforzando os recursos para tal fin, en especial nos distritos forestais: que se faga cumprir a legalidade e que haxa unha reposición da legalidade de xeito retroactivo naquelas parcelas que foran forestadas ilegalmente”, conclúen.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información