A sección ‘Noticias de empresa’ inclúe informacións de actualidade empresarial, así como as notas de prensa de firmas colaboradoras.

O seguro de millo pode contratarse ata o 5 de maio

MILLO_ARZUA_2

Ucoga, a maior correduría de seguros agrarios de Galicia, amplía a campaña de contratación da póliza do millo forraxeiro. A correduría de seguros galega conta coa maior cota de mercado neste tipo de póliza especializada.

Este ano, debido á alerta sanitaria do COVID-19, Ucoga xunto coas cooperativas solicitaron a ampliación do prazo de contratación, que inicialmente remataba o 15 de abril. O prazo de contratación segue aberto e prorrogouse até o día 5 de Maio.

Esta póliza cobre os danos que poida sufrir a produción de millo por un custo moi asumible para o gandeiro. Asegurar unha hectárea de millo pode oscilar entre 9 e 14 euros, e dá cobertura a riscos tan valorados como a seca, riscos excepcionais (fauna silvestre como o xabaril), pedrisco ou incendio. Tamén son asegurables a non nascencia e o resto de adversidades climatolóxicas.

A contratación deste seguro garante a cobertura desde o momento de sementeira, cunha carencia de 6 días, finalizando no momento da recolección. A data de fin de coberturas en todo caso é o 30/10/2020, excepto para a non nascencia, cuxo prazo finaliza o 25/06/2020.

Se queres información sobre a túa póliza, podes contactar co teu especialista agrario de UCOGA, chamando ao 621 228 273.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *