O sector lácteo manifestarase o día 27 ante o Ministerio de Agricultura

O sector lácteo manifestarase o día 27 ante o Ministerio de Agricultura

Unión de Uniones de Agricultores y Ganaderos, xunto coas organizacións OPL del Sur, OPL Nacional e Plataforma Stop Abusos de Talavera y Comarca AGATA, manifestaranse ante o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación o próximo día 27 de xaneiro.

“Queremos denunciar como o Ministerio, aínda sabendo perfectamente a situación que está a atravesar a gandaría de leite, non fixo máis que facer algunha reunión e, no último momento, anunciar medidas que, a xuízo das organizacións, como tantas outras veces, quedarán en papel mollado”, sinala desde a organización

Unión de Uniones indica que, de cara á firma de contratos de 2022, coa reforma da lei da cadea alimentaria en vigor, “as industrias seguen ofrecendo aos gandeiros prezos bastante por baixo dos custos de produción”, que sitúan nos 0,40 euros o litro.. “Aínda por riba, todos os indicadores internacionais, tanto de materias primas como de lácteos están á alza, non hai escusa para que dean unha sustentabilidade económica aos produtores”, engaden.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información