O sector gandeiro acusa o Ministerio de Transición Ecolóxica de ignoralos nos seus informes sobre o lobo

ASAJA, COAG, UPA e Cooperativas Agro-alimentarias denuncian que o Ministerio para a Transición Ecolóxica ignora de forma deliberada aos gandeiros e ás súas organizacións representativas na elaboración do informe sexenal do lobo. As organizacións enviaron unha carta conxunta á Dirección Xeral de Biodiversidade o pasado 5 de xuño. Cinco días despois, o Ministerio non acusou recibo nin deu resposta algunha.

No hay ningún estudio que avale que la población de jabalí aumenta por la escasez de lobos

As organizacións profesionais agrarias (ASAJA, COAG e UPA) e Cooperativas Agro-alimentarias de España denunciaron que o Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico non deu resposta —nin sequera xustificante de recepción—d á queixa formal que presentaron o pasado 5 de xuño ante a Dirección Xeral de Biodiversidade, Bosques e Desertificación.

Nunha carta remitida e rexistrada ante este departamento, ASAJA, COAG, UPA e Cooperativas Agro-alimentarias mostraban a súa queixa por que o Ministerio abrise a consulta pública do informe sexenal (período 2019-2024) do artigo 17 dos Directiva Hábitats relativo ao lobo (Canis lupus) sen notificar por canles institucionais ao sector gandeiro, directamente afectado polas conclusións xurídicas e de xestión que se derivan do dito informe.

As organizacións asinantes advertiron de que o trámite ten consecuencias directas e inmediatas sobre a xestión das explotacións gandeiras e lembran que España leva xa máis dun ano fóra do prazo obrigatorio para remitir o informe á Comisión Europea. A pesar da urxencia do asunto, o Ministerio non respondeu.

«Non pedimos que se paralice ningún procedemento, pedimos que se nos informe e consulte como corresponde ao noso papel de interlocutores lexítimos do sector», sinalan as organizacións. «A falta de resposta do MITECO, aínda que sexa en forma de simple xustificante de recepción, confirma o patrón de exclusión institucional que motivou a nosa queixa».

As organizacións manteñen as súas tres esixencias

Estas entidades reclaman que quede constancia en acta da protesta formal pola exclusión do sector gandeiro do trámite; un compromiso escrito da Dirección Xeral de garantir canles de notificación directa coas Opa e cooperativas para calquera procedemento ambiental con impacto gandeiro; e a convocatoria urxente dunha reunión informativa, previa á validación do informe na Conferencia Sectorial, para coñecer o contido exacto que o Ministerio ten previsto remitir a Bruxelas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información