O sector galego do ‘contract’ supera os 10.000 proxectos en 800 cidades de todo o mundo

O mercado exterior representa o 95% da facturación galega en traballos orientados a cadeas hoteleiras, de comercio e a grandes corporacións empresariais, segundo se puxo de manifesto na XI Semana Internacional do Contract

O sector galego do ‘contract’ supera os 10.000 proxectos en 800 cidades de todo o mundo

O vicepresidente económico da Xunta, Francisco Conde, durante a súa intervención na XI Semana Internacional do Contract.

O ‘contract’, un sector no que se integran empresas de mobiliario e interiorismo especializadas no abastecemento a cadeas de tendas e hoteis, está a celebrar estes días en Muxía e Santiago a XI Semana Internacional do Contract.

O evento, consolidado como cita de referencia para abordar novas tendencias e para abrir liñas de negocio, puxo de manifesto a importancia do ‘contract’ na comunidade. En todo o mundo, as empresas galegas do sector xa levan acometidos máis de 10.000 proxectos en 800 cidades, segundo destacou o vicepresidente e conselleiro de Economía, Francisco Conde.

Conde incidiu tamén en que o mercado exterior representa un 95% da facturación galega en proxectos orientados a cadeas hoteleiras, ‘retail’ e a grandes corporacións empresariais e bancarias.
No 2017, o ‘contract’ galegou acadara un pico de facturación que rondou os 300 millóns de euros, se ben factores como o declive dos centros comerciais e, nos últimos anos a Covid, provocaron unha reducción de cifras.

A XI Semana Internacional do Contract busca ofrecerlle ás empresas do sector unha análise de oportunidades e tendencias, de cara a iniciar a senda da recuperación.

Proxecto da firma galega Tatoo Contract nunha cadea hoteleira. / Arquivo.

Proxecto da firma galega Tatoo Contract nunha cadea hoteleira. / Arquivo.

Presupostos 2022
Durante a súa intervención na Semana Internacional do Contract, Francisco Conde anunciou que no 2022 a Xunta consignará un total de 15 millóns de euros para impulsar a industria forestal e da madeira. O obxectivo da Administración galega pasa por continuar incentivando a construción en madeira e por apoiar a dixitalización e a introdución de novas tecnoloxías nas empresas. Tamén se quere fomentar a trazabilidade dos produtos, nun intre no que a sostibilidade é unha demanda clara dos consumidores.

Nese sentido, o conselleiro de Economía subliñou que a madeira é un material renovable, reutilizable e reciclable que responde ós retos da economía circular. O vicepresidente económico confiou en que a XI Semana Internacional do Contract serva para achegar as tendencias e oportunidades de negocio no ámbito internacional, que pasan pola sostibilidade e a dixitalización a través dos novos materiais, o ecodeseño ou a construción de espazos e inmobles enerxeticamente eficientes.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información