O sector forestal demanda unha fiscalidade atractiva para o monte

Organizacións de toda a cadea da madeira emprazan ó Goberno a incluir na Ley de Montes, a debate no Senado, medidas que incentiven a xestión forestal sostible

O sector forestal demanda unha fiscalidade atractiva para o monte

O sector considera que o investimento no monte evita o seu abandono.

Xestionar o monte a miúdo non é fácil. Producións a longo prazo, pragas ou malas situacións do mercado da madeira son algúns dos factores que condicionan a rendibilidade do investimento no monte. O conxunto do sector forestal, desde organizacións de propietarios a colectivos de empresas e técnicos, vén de demandarlle ó Goberno a posta en marcha de incentivos fiscais que premien a xestión forestal sostible, de xeito que se reduza o abandono do monte e se favoreza a creación de emprego e riqueza.

A proposta do sector, suscrita entroutros colectivos pola Confederación de Organizacións de Silvicultores de España, á que pertence a Asociación Forestal de Galicia, trata de que a Ley de Montes, agora a debate no Senado, inclúa incentivos fiscais que favorezan ós propietarios que decidan invertir no monte. “A xestión sostible e activa do monte fai posible que diminúa o risco de incendios forestais, pragas e enfermidades, o que garante unha mellor conservación dos montes”, destacan os colectivos do sector forestal en nota de prensa.

Biomasa
Outra das demandas dos colectivos de propietarios forestais e doutros axentes do sector, como a Asociación de Empresas de Valorización da Biomasa (Avebiom), pasa por solicitar do Goberno o fomento da produción e consumo de madeira e dos produtos da madeira, “incluido o uso enerxético da biomasa forestal”.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información