O sector ecolóxico galego superou os 118 millóns de euros e incrementou a súa superficie certificada en 2025

CONSELLEIRA CRAEGAO Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia (Craega) presentou esta pasada tarde en Lugo a Memoria do Sector Ecolóxico de Galicia 2025, un informe que reflicte a consolidación e o crecemento sostido deste modelo produtivo na comunidade.

No encontro interveu en primeiro lugar o presidente do Craega, Francisco López Valladares. A continuación, o secretario do Craega, Javier García, foi o encargado de presentar os datos da Memoria 2025. Pechou a quenda de intervencións a conselleira do Medio Rural, María José Gómez. Tamén estiveron presentes no acto o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), Martín Alemparte, e a xefa territorial da Consellería do Medio Rural, Olga Iglesias.

Entre os principais datos do informe, destaca que a superficie certificada en agricultura ecolóxica acadou as 46.677 hectáreas, o que supón un incremento do 2,68 % respecto ao ano anterior.

Así mesmo, o volume de negocio da produción ecolóxica en Galicia superou os 118 millóns de euros, cun crecemento de máis de 7 millóns de euros en relación con 2024, confirmando a boa evolución do sector e a súa capacidade para xerar valor engadido.

A memoria tamén reflicte a estabilidade do número de operadores, con 1.507 inscritos e 1.278 por actividade, e pon de manifesto o peso da produción animal, que representa un importante volume económico total, seguida da produción vexetal e da acuícola.

Descarga aquí a memoria 2025 do CRAEGA

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información