O sector crítico mantén o seu bloqueo á poxa de becerros de recría en Silleda

silleda recriaO sector crítico duns 60 compradores de becerros de recría e a dirección da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA manteñen as súas posturas inamobibles no conflicto pola dixitalización da poxa, de forma que mañá martes é previsible que se repita a situación do martes pasado, cando 311 xatos foron calificados como fóra de poxa ou desertos e outros 106 foron devoltos polo prezo reducido (chegáronse a ofrecer 100 euros por becerros de cruce de máis de 50 días, cando a cotización normal ven roldando os 600 euros ou máis).

“Non imos acudir á subasta. Estamos mercando os becerros directamente nas explotacións a prezos de mercado e creo que ningún gandeiro que nos chamou quedou sen atender. Non imos ir a Silleda porque a dirección da Central mantén a súa postura inamobible, cando está claro que as instalacións para os becerros de recría quedaron pequenas para o volume de gando que hai e sería inviable facer a poxa únicamente coa aplicación dixital. En canto ás acusacións de que nos opoñemos á dixitalización obrigatoria parque os compradores non queremos máis transparencias na subasta é totalmente falso, unha cortina de fume do señor Ricardo Durán -director da Central- que non coñece cal é a realidade das instalacións dos becerros”, explica José Manuel García, que fala en nome dos compradores de recría que se opoñen á total dixitalización.

Reunión coa Xunta para buscar unha solución

Mentres tanto, dende a Asociación Galega de Empresarios do Gando, que agrupa á maioría dos tratantes, confirmaron a Campo Galego que mañá teñen prevista unha reunión en Santiago de Compostela, con representantes da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia, que ocupa a vicepresidencia do Padroado da Fundación Semana Verde, para intentar desbloquear a situación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información