O proxecto ‘Emprendimiento sosteNible: Compartiendo Experiencias’: un escaparate de iniciativas no rural emprendidas por mulleres

O proxecto ‘Emprendimiento sosteNible: Compartiendo Experiencias’: un escaparate de iniciativas no rural emprendidas por mulleres

O proxecto ‘Emprendimiento sosteNible: Compartiendo Experiencias’: un escaparate de iniciativas no rural emprendidas por mulleres

Este proxecto pretende dar a coñecer iniciativas de éxito e concienciar sobre as posibilidades da muller no rural. / Fonte: Imaxe de arquivo

O proxecto “Emprendimiento sosteNible: Compartiendo Experiencias” é unha iniciativa  que divulga a través de vídeos e contido informativos a experiencia de pequenas emprendedoras no rural galego coa intención de potenciar o autoemprego e o valor dos recursos de proximidade. As entidades que o desenvolven son Fademur Galicia en colaboración con Ence Pontevedra.

A través dos testemuños das emprendedoras participantes, o proxecto ten achegado á poboación rural, con especial énfase nos colectivos de mulleres, información sobre os desafíos específicos que enfrontan as emprendedoras que desenvolven a súa actividade lonxe dos núcleos urbanos máis grandes; así como consellos, solucións e distintos recursos para facerlles fronte divulgados a través de newsletters periódicas e mediante un servizo de business consulting online.

“As mulleres xogan un papel fundamental na loita contra o avellentamento e o despoboamento que afectan ao medio rural. Nos pequenos núcleos o paro cébase moito máis con elas, que soportan un 38,4% de taxa de inactividade fronte ao 15,1% dos homes. Ademais, as que si traballan teñen peores condicións salariais e menos estabilidade, cunha maior prevalencia no que a contratos temporais, fixos-discontinuos ou a xornada parcial se refire”, sinalan desde as entidades promotoras, para explicar a intencionalidade do proxecto.

“Do mesmo xeito, son as mulleres as que seguen a levar a carga das tarefas de coidados e da crianza nun rural lastrado pola falla de servizos que faciliten a conciliación. Un contexto que fai imprescindible mellorar as súas opcións de empregabilidade e, con elas, promover o tecido socioeconómico e contribuír a fixar poboación para garantir un rural vivo e con futuro”, engaden.

Entre as entidades que sinalan desde o proxecto están Queixos Mazarico, de Monterroso; o albergue O Refuxio do náufrago, de Camelle; a repostería de Algareira by Silvina Muñoz, de Vimianzo; a cooperativa de agricultura ecolóxica e rexenerativa Labrecos, de Oza-Cesuras; a marca de deseño e confección de bolsos Llenova, de Noia; os bonecos artesanais de Lucecús, de Vilalba; Embutidos Suarna, de Navia de Suarna; Licores Os Maios, de Leiro; e a froita deshidratada de Trasdeza Natur, en Silleda.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información