O proxecto Datalife ofrece servizos de transformación dixital para as empresas forestal – madeira

O proxecto Datalife ofrece servizos de transformación dixital para as empresas forestal – madeira

Santiago de Compostela acolleu recentemente unha mesa de traballo no marco do proxecto EDIH DATAlife,coa finalidade de dar a coñecer ás empresas do sector da madeira como o proxecto lles pode axudar no seu proceso de transformación dixital a través de servizos gratuítos. No encontro buscouse coñecer as necesidades e retos do sector para tratar de darlle unha resposta ou solución desde o punto de vista tecnolóxico.

O Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia actúa como nodo sectorial dentro do proxecto EDIH DATAlife, encargándose de traccionar ás empresas do sector forestal-madeira. A organización desta mesa sectorial pretende dar a coñecer o proxecto ás empresas do sector e explicar os servizos gratuítos dos que se poderán beneficiarán as pemes. Durante a xornada do 25 de abril participaron preto de 20 profesionais relacionados co sector. Nela tratouse de definir e priorizar os retos no ámbito da dixitalización que debe acometer o sector.

Unha vez seleccionados os retos máis prioritarios, desde o proxecto EDIH DATAlife tratarase de implementar accións que axuden a solucionar as demandas expostas polas empresas do sector, co fin de acompañalos no camiño da súa transformación dixital. Ademais, tratouse de dar solución aos retos comúns que presenta o ecosistema, incidindo na colaboración e a innovación aberta.

O valor de formar parte do Hub DATAlife

O Clúster da Madeira, dentro da súa estratexia de innovación e transformación dixital, forma parte do Hub DATAlife, único Hub de Innovación Dixital galego que recibe apoio económico por parte da Comisión Europea, tras o seu recoñecemento como Hub Europeo de Innovación Dixital a través do proxecto EDIH DATAlife.

As empresas do sector poderán beneficiarse dos servizos do proxecto, que irán desde o primeiro diagnóstico de madurez dixital, formación específica en distintos ámbitos da dixitalización e un plan de acción personalizado para cada empresa. Así búscase acelerar o seu proceso de transformación dixital. O proxecto conta cun orzamento total de 5,5 millóns de euros e un consorcio totalmente galego: ANFACO-CECOPESCA, BIOGA, CETIM, CETGA, CESGA, Agrupación Industrial TIC, Agrupación Industrial Saúde de Galicia, Energylab, Feuga, Gradiant, Televés, USC, Uvigo e Clúster da Madeira e o Deseño de Galicia.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información