As opinións e puntos de vista expresados só comprometen ao seu autor e non reflicten necesariamente os da Unión Europea. Nin a Unión Europea nin a autoridade outorgante poden ser considerados responsables deles.

O programa español de axudas do sector apícola contará con 19 millóns de euros anuais entre 2023 e 2027

O programa español de axudas do sector apícola contará con 19 millóns de euros anuais entre 2023 e 2027

O Consello de Ministros aprobou este martes, a proposta do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, un real decreto que establece o marco normativo para a aplicación do programa sectorial de apoio ao sector apícola na nova Política Agraria Común (PAC) que entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2023. A dotación do programa de axudas será de 19 millóns de euros anuais.

A intervención sectorial no sector apícola dentro da nova PAC consta de ata 38 medidas agrupadas en nove liñas de actuación para apoiar aos apicultores na loita contra as agresións das colmeas, a realización de investimentos, a asistencia técnica e capacitación do persoal, a adaptación ao cambio climático, os retos sanitarios, a investigación, a mellora da calidade e a comercialización do mel e os produtos apícolas.

Dos 19 millóns de euros de orzamento anual para esta intervención, 9,5 millóns son achegados pola Unión Europea, 4,9 millóns polo Estado e o resto polas distintas comunidades autónomas.

Novidades

Entre as principais novidades con respecto aos plans apícolas desenvolvidos ata o de agora, a nova intervención sectorial introduce unha liña destinada a previr os danos ocasionados por fenómenos climáticos adversos e fomentar o desenvolvemento e a utilización de prácticas de xestión adaptadas a unhas condicións climáticas cambiantes.

Ademais, poténcianse as accións destinadas á mellora da comercialización e promoción, foméntase o desenvolvemento de accións encamiñadas á mellora da calidade dos produtos apícolas, e establécese un novo enfoque para o reforzo dos programas de investigación no sector da apicultura e os produtos apícolas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información