O prezo medio do leite situouse en febreiro en 0,52 euros o litro na UE e en 0,58 en España

O prezo medio do leite na Unión Europea sitouse en febreiro en 0,52 euros de media no conxunto dos estados membros, mentres que en España a media foi de 0,58 euros o litro. Tradicionalmente os prezos medios en Europa son superiores pero nos últimos meses, de forma excepcional, as cotizacións en España mantéñense por riba dos grandes produtores como Francia (0,48 euros o litro) ou Alemaña (0,54 euros).

PREZOS LEITE UE FEBREIRO 2023

Por outra parte, as últimas cotizacións tanto na Unión Europea como en Estados Unidos, Australia e Nova Zelandia confirman a tendencia á baixa nos prezos dos produtos lácteos nos mercados internacionais, o que tamén se está a trasladar ao prezo en orixe.

Asi, o confirma o último informe do European Milk Market Observatory (Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea) publicado hoxer:  

Estas son as tendencias que se observan nas cotizacións desta semana na Unión Europea:

-Manteiga: 471 €/100 kg, -0,5% nas últimas catro semanas

-Leite desnatado en po (SMP) 241€/100 kg, -1,4% ,

-Leite enteiro en po (WMP): 337 €/100 kg, -1,2% ,

-Queixo cheddar: 415€ /100 kg -2,0% ,

-O leite spot en Italia baixa até os 0,433 €/kg

-A produción de leite en febreiro na UE medrou un 0,5% en comparación co mesmo mes de 2022.

-En marzo a produción de leite en Nova Zelandia medrou un 0,3%, en Estados Unidos un 0,5% e no Reino Unido un 0,9%.

PREZOS LACTEOS UE FEBREIRO 2023

Descarga aquí o último informe do European Milk Market Observatory

 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información