O prezo medio do leite na Unión Europea baixou un 6,2% no que vai de 2020

O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea publicou este martes un ifnorme sobre a situación dos prezos do leite nos países da UE, así como en Nova Zelanda e Estados Unidos.

No territorio europeo o prezo medio en maio caeu un 1,7% respecto ao mes anterior, situándose en 0,3296 euros o litro de leite estandarizado ao 4% de graxa e 3,3% de proteína, e as previsións que manexa o observatorio para xuño son dunha caída ata os 0,327 euros o kilo. No que vai de 2020 os prezos do leite en orixe na UE caeron un 6,2%. En todo caso, destacan que os prezos en maio son un 5% superiores á media dos últimos cinco anos.

En canto á evolución dos prezos nos outros dous principais exportadores mundiais de lácteos, en Estados Unidos experimentan unha gran volatilidade, pois despois de acadar os 0,48 euros o litro a finais do pasado ano, en maio desplomáronse ata os 0,276 euros. E en Nova Zelandia mantéñense máis estables, e mesmo a alza no mes de maio, cun prezo medio de 0,314 euros o litro, para un leite dunhas calidades medias do 4,2% de graxa e do 3,35% de proteína.

PREZOS LEITE OML 2020 1 PREZOS LEITE OML 2020 2 PREZOS LEITE OML 2020 3

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información