O prezo medio dos becerros de recría e do vacún maior acada un novo récord en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia rexistrou esta mañá o seu maior prezo medio nas categorías vacún maior e na recría, ademais de chegar ao segundo maior volume de facturación nunha sesión

O prezo medio dos becerros de recría e do vacún maior acada un novo récord en Silleda

A Central Agropecuaria de Galicia ABANCA rexistrou esta mañá o seu maior prezo medio en dúas categorías: en vacún maior e en becerros de recría. Así, no vacún maior foi de 1.931 euros; até agora o máximo estaba nos 1.915 euros do 11 de abril de 2023, mentres que en becerros de recría alcanzáronse os 490 euros, superando os 456 euros do pasado 10 de decembro.

Así mesmo, a Central alcanzou o segundo maior volume de facturación nunha sesión da súa historia, con 1.363.257 euros; a marca está en 1.439.812 euros do pasado 21 de xaneiro.

Prezos do gando

A continuación, facemos un repaso polas distintas seccións do gando vacún para coñecer a evolución dos prezos, aínda que fai falta ter en conta que se trata de prezos medios e que o valor dos exemplares estará condicionado tamén por outros factores.

Nos becerros de recría da raza frisoa, os de 15 a 20 días cotizáronse a 203 euros, 4 euros máis que na da semana pasada; os de 21 a 50 días a 287 euros, cun incremento de 6 euros; finalmente, os de máis de 50 días pagáronse de media a 348 euros (+25 euros).

En canto aos de cruzamento industrial, os máis novos quedaron cun valor medio de 483 euros (-1 euro), e as femias vendéronse a 336 euros, cunha subida de 6 euros. Os de 21 a 50 días chegaron aos 615 (+38) e as femias a 413 euros (+20). Os máis adultos alcanzaron un prezo medio de 816 euros (-22 euros) e as femias de 654 euros (+109).

04_02_2025_page-0001

Nos becerros carniceiros, os machos de cruzamento industrial baixaron o seu valor medio 4 euros e chegaron aos 1.357 euros con respecto á poxa pasada, mentres que nas femias o descenso foi de 28 euros e alcanzan os 1.167 euros. Pola súa banda, os de Rubia Galega vendéronse a 1.437 euros de media os machos (+30 euros) e a 1.366 euros as femias (+164). Os animais comercializados baixo o selo de Ternera Gallega Suprema presentan unha subida do seu valor medio de 97 euros e quedan nos 1.458 euros por animal.

No vacún maior os prezos medios rexistraron baixadas en todas as categorías, fóra da primeira, que subiu 10 euros e fixouse nos 1.168 euros. Os demais quedaron da seguinte maneira: a categoría extra en 2.173 euros (-21); a categoría segunda en 796 (-21) e houbo venda dun animal de desfeito por 331 euros (-177). Os prezos dos animais vendidos baixo o selo de Vaca e Boi de Galicia presentan unha caída de 389 euros e quedan cun prezo de saída de 2.370 euros.

Mesas de prezos

As mesas de cotizacións do porcino mantéñense en todas as categorías e páganse da seguinte maneira: o selecto a 1,555 euros/kg; o normal a 1,530; a canle II a 1,987 e o de desvelle a 0,62/0,68.

04_02_2025_page-0002

Nos leitóns, os exemplares chegados dunha única granxa mantéñense nos 73 euros (cun prezo de 3,65 euros o quilo) e os animais procedentes de varias ganderías cotízanse a 68 euros e cun prezo por quilo de 3,4 euros.

No mercado do ovo, os prezos presentan unha baixada de 0,03 euros os da XL e quedan en 3,05 euros, do mesmo xeito que os da L, que se fixan nos 2,51. Os da M e S baixaron 0,02 e establecéronse nos 2,31 e nos 2,01, respectivamente.

O prezo do coello continúa nos 2,30 euros o quilo, segundo a Mesa de Prezos Nacional do Coello (Loncun).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información