O prezo do leite pechou en decembro nos 0,40 euros o litro na media da Unión Europea

No conxunto da Unión Europea o prezo do leite en 2021 acadou un dos mellores niveis dos úlitmos anos, pechando o mes de decembro nunha media de 0,407 euros  o litro, segundo os datos que ven de facer públicoS o Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea. Estes datos vense ensombrecidos pola forte suba dos pensos, enerxía e fertilizantes, que están a penalizar as contas das ganderías de vacún de leite.

O dato oficial de novembro foi dunha media de 0,400 euros o litro, que no caso de España foi de 0,351 euros o litro. En liñas xerais, rexistráronse as maiores subas do leite en orixe naqueles países cunha industria láctea volcada cara a exportación e cara produtos de maior valor (queixos, manteiga….etc). Así, se en novembro a suba media do prezo do leite para os produtores no conxunto da Unión Europea foi do 13,3% con respecto ao mesmo mes de 2020, en Holanda o incremento foi do 20%, en Irlanda do 24,3% ou en Bélxica do 28,7%. Pola contra. a suba interanual en países como España, cunha industria láctea máis centrada no envasado de leite líquido e con menor vocación exportadora, foi do 6,2%, a metade que a media europeo.

Velaquí as cotizacións dos produtos lácteos por países:

PREZO LEITE UE DEEMBRO 21

PREZO LEITE UE DEEMBRO 21 2

Descarga aquí o informe completo do Observatorio do Sector Lácteo da Unión Europea

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información