O prezo do leite en orixe caeu en Galicia en abril unha media de 2,7 céntimos respecto a marzo, mentres a que a baixada no conxunto de España foi de 2,3 céntimos. Así se recolle no informe do Ministerio de Agricultura de entregas do sector lácteo correspondente a abril.
En concreto, o prezo medio en España en abril foi de 0,488 euros o litro, cunha baixada respeto aos 0,511 de marzo, mentres que en Galicia a media foi de 0,463 euros o litro, unha caída maior se se compara cos 0,.490 do mes anterior.
O outro dato salientable é o descenso da produción tanto en Galicia como en España: No conxunto do Estado as entregas ascenderon a 643209 toneladas, por debaixo de marzo. Porén, no conxunto do primeiro cuatrimestre do 2024 as entregas medraron un 2,17%, ata os 2.536.543 toneladas. En Galicia a suba interanual da produción nos catro primeiros mese deste ano foi do 2,62 %, con 1.026.582 toneladas de leite entregadas neste período. En abril, as entregas ascenderon a 261010 toneladas, por debaixo das 264.922 de marzo.
En canto ás calidades do leite en abril foron dunha media en España de 3,74 de graxa e de 3,37 en proteína. Galicia continúa por riba en sólidos do leite, cun 3,83 de graxa e cun 3,39 de proteína.
En leite ecolóxico, as cotizacións medias no campo tamén baixaron en abril: 0,614 euros o litro, en tanto en Galicia foron de 0,601, cunha baixada respecto a marzo (0,632 e 0,624 euros o litro, respectivamente).
Descarga aquí o informe do FEGA