O prezo dos lácteos segue marcando récords en setembro

A escala das cotizacións dos produtos lácteos (leite en po, manteiga e en menor medida queixo) nos mercados internacionais parece que aínda non tocou teito e marca en setembro récords históricos.

Así se desprende do último informe, con datos desta semana, do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea, o organismo dependente da Comisión de Agricultura da UE, que analiza a evolución dos prezos tanto na Unión como a nivel internacional.

PREZOS LACTEOS SETEMBRO 22 UE

En concreto, as cotizacións na Unión Europea nesta semana subiron na manteiga un 0,4%, e o quilo xa está nos 7,23 euros. No caso do leite en pó enteiro a suba foi do 0,8% (4,91 euros o quilo) e do 0,6% no desnatado (3,72 euros o quilo). A suba do queixo aínda foi maior: o cheddar encareceuse un 2% e xa está nos 4,81 euros o quilo nos mercados maioristas.

Se se analizan a evolución destas cotizacións, son as máis elevadas dende que hai rexistros, especialmente no caso da manteiga que máis que duplicou o seu prezo nos últimos doce meses en relación á media dos últimos dez anos:

PREZOS LACTEOS SETEMBRO 22 evolucion

Nos outros tres principais países exportadores de lácteos (Estados Unidos, Nova Zelandia e Austria) a suba das cotizacións dos produtos lácteos aínda foi maior, tal e como se reflicte na seguinte gráfica:

PREZOS LACTEOS SETEMBRO 22 internaiconal

En canto ao Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, os datos publicados esta semana tamén son en xeral positivos: subas do 3,7 % nas cotizacións do leite en po enteiro, o seu principal derivado lácteo; e do 2,1% no queixo cheedar, o segundo produto que máis exporta a cooperativa. Pola contra, houbo unha lixeira baixada do 0,2% no prezo da manteiga e do 0,7% no leite en po desnatado.

PREZOS LACTEOS SETEMBRO 22 fonterra

Caída da producción de leite no primeiro semestre

Esta alza de prezos dos produtos lácteos explícase, en parte, pola caída da produción nos principais países exportadores a causa da seca e do importante encarecemento da alimentación animal.

Así, na Unión Europea entre xaneiro e xullo houbo un 0,5% menos de entregas de leite con respecto ao mesmo período de 2021; en Nova Zelandia a caída foi do 3,2%; en Australia do 7,9%, e en Estados Unidos as entregas de leite por parte dos gandeiros baixaron un 0,6 no primeiro semestre.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información