O prezo do leite na Unión Europea baixou un 2,5% en xuño

Nos primeiros meses do ano aumentou na UE a produción de nata, leite condensado e leite en pó desnatado, mentres baixou a de leite líquido e leite en pó enteiro. Forte caída das exportacións a China e Rusia, os principais mercados dos produtos lácteos comunitarios.

O prezo do leite na Unión Europea baixou un 2,5% en xuño

O prezo medio do leite na Unión Europea, situouse en xuño nos 30,4 céntimos por kilogramo, o que supón unha caída do 2,5% respecto ao mes de maio. Así se desprende dos últimos datos do Observatorio Lácteo da UE.

No informe tamén se constata a baixada de prezos de todos os derivados lácteos, agás o queixo cheddar. Especialmente forte foi a caída do leite en pó enteiro, cuxo prezo baixou un 3,1%, ata os 2,28 €/KG, mentres que o desnatado situouse nos 1,75 euros, un 1% menos. A manteiga cotizou a 2,97 €/kg, un 0,1% menos, mentres que o queixo Cheddar subiu un 0,7% ata os 3,09 euros.

EVOLUCION_PREZOS_UE_LACTEOS_XUÑO_2015

Evolución dos prezos do leite na UE

Caída das exportacións a China e Rusia

O Observatorio Lácteo da UE tamén constata a forte caída das exportacións de produtos lácteos da UE a China, o principal mercado fóra da UE, e tamén a Rusia. Unhas caídas que non logran ser compensadas de momento polo incremento das importacións por parte doutros países como México, Xapón ou Estados Unidos.

Así, e tal e como se reflicte no recadro, entre xaneiro e maio deste ano as exportacións de leite en pó enteiro a China caeron un 54% respecto ao mesmo período de 2014, e as de manteiga baixaron un 40%. O embargo ruso tamén provocou unha caída das exportacións de queixo dun 62% e dun 64% nas de manteiga.

EXPORTACIONS_LACTEOS_UE_PRIMEIRO_TRIMESTREñ¨_2015

Aumenta a produción de nata, leite condensada e caseinatos

Por outra parte, entre xaneiro e abril deste ano aumentou na UE con respecto ao mesmo período do ano pasado a produción de derivados lácteos como a nata (1,4% máis), o leite condensado (2%) o leite en pó desnatado (1,5%) ou os caseinatos. Pola contra, caeu a produción de leite en pó enteiro (un 14,8% menos) ou de leite líquido (un 2,6% menos).

Descarga aquí o informe completo. 

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información