O prezo do leite en orixe na UE sitúase no nivel máis alto dos últimos 20 anos

prezo leite uE XANEIRO 22 evolucionO prezo do leite en orixe está nestes momentos na Unión Europea nos niveis máis altos dos últimos 20 anos: unha media de 0,413 euros por litro en decembro e 0,418 en xaneiro.

Así se desprende do último informe do Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea, onde se constata a boa evolución do prezo do leite no campo, impulsado polos elevados prezos dos derivados lácteos no mercado internacional. De feito, hai que retrotraerse a xaneiro de 2014 para atopar un prezo similar: 0,40 euros o litro. Como xa vendo sendo habitual, naqueles países cunha industria láctea máis volcada a produtos de valor engadido e con vocación exportadora e cun leite con máis porcentaxe de graxa e proteína, os prezos medios son maiores (Holanda, Dinamarca, Bélxica, Irlanda…).

prezo leite uE XANEIRO 22

Continúa a suba dos productos lácteos no mercado internacional

A boa marcha do mercado lácteo internacional de produtos lácteos está detrás desta evolución positiva. En concreto, as cotizacións na Unión Europea a mediados de febreiro rexistraron unha suba do 2,4% respecto a comezos de xaneiro na manteiga, que se mantén en prezos moi altos (5,92 euros o quilo). O leite en pó foi o que experimentou unha maior suba respecto á primeira quincena do mes pasado: un 4,3% máis o desnatado (3,60 euros o quilo) e un 3,9% máis o enteiro (4,48 euros o quilo), mentres que o queixo cheddar tamén puxa á alza nas súas cotizacións (3,61 euros o quilo, un 4,9% máis respecto a xaneiro).

prezo leite uE XANEIRO 22 1

A nota menos positiva na primeira quincena de febreiro está a ser o incremento dos custos de produción para as ganderías debido a suba dun 6,4% dos custos da enerxía (gasóleo, fertilizantes e electricidade) e dun 1,7 nos costes de alimentación.

En canto ao Global Dairy Trade, a poxa de lácteos organizada cada dúas semanas pola cooperativa neozelandesa Fonterra, os datos publicados esta semana tamén son moi positivos: subas do 6% nas cotizacións do leite en po desnatado; do 4,2% para o leite en po enteiro; do 5,1% para a manteiga e do 3,5 % para o queixo cheddar.

prezo leite uE febreiro 1 fonterra

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información