O Observatorio do Mercado Lácteo da Unión Europea ven de publicar as cotizacións desta semana dos produtos lácteos así como do leite en orixe, destacando as subas do leite en po e da manteiga, así como do queixo, con respecto á semana anterior. No caso concreto da manteiga, revalorizouse un 50% nos últimos doce meses na UE, mentres que o queixo e o leite en po enteiro incrementaron a súa cotización nun 15%. Só o leite en po desnatado experimentou unha baixada interanual, do 2%.
En concreto, as últimas cotizacións dos produtos lácteos na Unión Europea quedan do seguinte xeito:
-Manteiga: 760 €/100 kg, -2,1 % nas últimas catro semanas.
-Leite desnatado en po (SMP) 254 €/100 kg, +2,1 % ,,
-Leite enteiro en po (WMP): 421 €/100 kg, +1,5 % ,,
-Queixo cheddar: 422 € /100 kg +1,3% nas últimas catro semanas
O prezo do leite spot en Italia subiu esta semana lixeiramente e queda nos 0,668 euros o litro.
Situación internacional
A nivel internacional e con respecto aos principais países exportadores de produtos lácteos, a Unión Europea só é máis competiviva no prezo do leite en po desnatado, mentres que Nova Zelandia éo no leite en po enteiro e Estados Unidos en queixo cheddar e manteiga.