PEFC Galicia organiza para o vindeiro martes, 16 de decembro, en Santiago de Compsotela ESENCIAIS PEFC 2025, un espazo para compartir reflexións sobre o presente e o futuro do sector forestal galego e recoñecer o compromiso das empresas e entidades que levan anos apostando pola xestión forestal sostible e a certificación PEFC.
O evento terá lugar ás 11:15 no Auditorio do Edificio FEUGA, Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n, en Santiago de Compostela.
A asistencia ao evento requirirá previa inscrición mediante o seguinte formulario:
https://forms.gle/mTJJavrFDNe7MxgT7
#OValorDoCompromiso
Programa de ESENCIAIS PEFC 2025:

Sobre PEFC Galicia
A certificación forestal PEFC en Galicia supera o medio millón de hectáreas xestionadas baixo o Sistema PEFC, o que supón un 17% da superficie certificada PEFC en España, e aglutina ao 80% dos propietarios e propietarias forestais adheridas ao Sistema PEFC, con máis de 67.000 propietarios. Isto supón unha clara mostra do compromiso do sector forestal galego pola xestión sostible dos seus montes e os seus recursos naturais, no que a Xunta de Galicia tivo un papel fundamental ao apoiar, a través de diferentes axudas, á propiedade forestal, cumprindo así, o seu obxectivo do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” de certificar máis de 500.000 hectáreas de monte.
Na actualidade existen 11 entidades de xestión forestal sostible neste territorio que fan accesible a certificación PEFC, algo relevante neste territorio no que a pequena propiedade é maioritaria e, ademais, xestionada desde o sector privado.
En canto á Cadea de Custodia, en Galicia mantén o seu liderado nacional con 477 empresas certificadas, que supoñen o 25% das empresas certificadas PEFC cun volume de facturación de máis de 3.200 millóns de euros. Entre estas empresas, predominan os serradoiros e rematantes, mostrando un sector que é tractor dunha economía local baseada na madeira de proximidade.
PEFC traballa para facilitar ás empresas o cumprimento da esixente normativa europea como EUDR e REDIII recompensar o esforzo que o sector galego fai coa xestión forestal sostible, polo que desenvolveu dous módulos para a Cadea de Custodia que garanten o seu cumprimento ás regulacións europeas EUDR e REDIII.
Así mesmo, PEFC traballa para valorizar a adicionalidad da xestión forestal sostible, a certificación dos servizos ecosistémicos como o carbono, a auga ou a biodiversidade. Para iso, PEFC puxo en marcha un grupo de traballo técnico que pretende desenvolver un sistema propio baixo os estándares PEFC, para ofrecer así aos xestores e xestoras forestais un incentivo á conservación, soporte técnico e o cumprimento dos obxectivos ambientais. Actualmente está en marcha o sistema de certificación do carbono, co que, proximamente a propiedade forestal xestionada baixo o Sistema PEFC poderá beneficiarse nos mercados de créditos de carbono.
Galego









Control OJD