O prazo para rexistrar candidaturas ao XXV Premio Aresa continúa aberto ata o 10 de xaneiro

Os interesados que queiran optar ao galardón, deben entregar a documentación requirida nos rexistros xerais ou electrónicos da USC durante as vindeiras semanas.

Premio Aresa 2023 Casa Grande de Xanceda3A organización da vixésimo quinta edición do Premio Aresa de Desenvolvemento Rural, convocado pola Universidade de Santiago de Compostela e o Grupo Aresa, porá fin ao prazo para presentar as candidaturas o vindeiro 10 de xaneiro.

As bases están dispoñibles na web www.aresa-agricola.com e os aspirantes deben entregar a documentación correspondente nos rexistros xerais, tanto físico como electrónico, dos campus universitarios de Lugo ou de Santiago de Compostela.

O galardón está dotado, como vén sendo habitual, con 10.000 euros e un diploma de mérito.

O reitor da USC, Antonio López Díaz; o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco José Fraga López; o presidente de Aresa, Álvaro Rodríguez Eiras, ou a persoa na que delegue; o CEO de Torre de Núñez, José Manuel Núñez Torre, e o exreitor e catedrático de Electrónica e Computación, Senén Barro Ameneiro, serán os responsables de revisar todas as candidaturas presentadas e darán a coñecer publicamente o nome da gañadora nunha data aínda sen determinar.

PREMIADOS ANTERIORES

Na traxectoria deste galardón, que xa acadou un recoñecido prestixio no sector, figuran Novafrigsa (2000), o catedrático da USC Javier Guitián Rivera (2001), a Aula de Produtos Lácteos (2002), o exdirector xeral de Agricultura da Comisión Europea, José Manuel Silva (2003), a IXP Ternera Gallega (2004), o programa da Televisión de Galicia O Agro-Labranza (2005), a DO Ribeira Sacra (2006), os impulsores da queixería Casa Macán (2007), a Facultade de Veterinaria de Lugo (2008), Ingapan (2009), Acruga (2010), a SAT Monte de Trabada (2011), Champivil (2012), Alibós Galicia (2013), a DOP Queixo San Simón da Costa (2014), Agroamb (2015), a Asociación de Criadores de Ovino e Caprino de Galica, Ovica (2016), a Escola Politécnica Superior de Enxeñería de Lugo, EPS (2017), o Consello Regulador da Agricultura Ecolóxica de Galicia, Craega (2018), a Asociación de Criadores da Raza Porcina Celta, Asoporcel, (2019), Cooperativa A Carqueixa (2020), EFA Fonteboa (2021), Casa Grande de Xanceda (2022) e a Moexmu (2023).

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información