O prazo das axudas para valados fixos e contratación de pastores fronte ó lobo remata o xoves 23

Medio Ambiente mantén aberto o longo de todo o ano o prazo para reclamacións por danos da fauna salvaxe, por medio do teléfono 012

O prazo das axudas para valados fixos e contratación de pastores fronte ó lobo remata o xoves 23

A Consellería de Medio Ambiente pecha o próximo xoves 23 o prazo de solicitude de dúas liñas de axudas para medidas de prevención de danos de lobo: a colocación de valados fixos electrificados e a contratación de pastores para control do gando en extensivo. Previamente xa se pecharon o día 10 as axudas para cans mastíns, pastores eléctricos e peches móbiles electrificados.

No caso do valado fixo electrificado, Medio Ambiente subvenciona 3,5 euros por metro liñal, ata un máximo de 1.750 euros por valado. Se se trata dun valado fixo con malla gandeira, os importes son de 4,5 euros por metro, ata un máximo de 4.500 por valado.

En canto á contratación de pastores para o manexo en extensivo do gando, concederase un máximo de 18.000 euros por beneficiario. A axuda oriéntase ó pastoreo e control de gando extensivo, tanto vacún como ovino – cabrún ou cabalar. Prímase a aquelas explotacións que tivesen danos denunciados do lobo nos últimos anos, así como aquelas con superficies de pastos declarados na PAC e as que teñan cans protectores do gando.

Indemnizacións por danos
En paralelo, a Consellería de Medio Ambiente mantén aberto todo o ano a comunicación de danos causados pola fauna salvaxe, tanto xabarín como lobo ou oso. As explotacións afectadas terán que chamar ó teléfono 012 en horario de 8 a 20 horas (luns a venres) e 8 a 17.30 horas (sábados). Alí daráselles un código identificativo para a acreditación da chamada e a identificación posterior do expediente, cando se curse a solicitude de indemnizacións.

Tódalas chamadas deberán facerse durante as 72 horas posteriores ó dano, salvo no caso da gandería intensiva afectada por lobo, onde o usuario ten 24 horas para a comunicación.

Para o xabarín, Medio Ambiente abonará un máximo de 2.750 euros por afectado, con pagos de 0,29 euros / metro cadrado no millo forraxeiro e de 0,14 euros na pradería. Para pataca, os importes ascenden a 0,51 euros e para horta van de 0,79 a 2,1 euros / metro cadrado, 3,72 euros no caso das froiteiras, incluída a viña. Pode consultarse no DOG a orde de indemnizacións.

Para o lobo, os importes por especie e idade do animal consígnanse no Anexo da orde de indemnizacións.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información