O potencial da madeira de frondosas exhíbese en Pontevedra na exposición “ForestED – Do bosque á edificación”

A mostra poderase ver do 10 ó 31 de decembro na Escola de Enxeñaría Forestal (UVigo)

Publicidade
O potencial da madeira de frondosas exhíbese en Pontevedra na exposición “ForestED – Do bosque á edificación”

Montaxe da exposición nun dos espazos polos que xa pasou.

A exposición “Do bosque á edificación”, enmárcase no proxecto de investigación ForestED que desenvolven o Instituto de Arquitectura Avanzada de Cataluña (IAAC), o Centro de Ciencia e Tecnoloxía Forestal de Cataluña (CTFC), a Asociación Forestal de Galicia (AFG) e o Consorci Forestal de Catalunya (CFC). O proxecto está financiado pola Fundación Biodiversidad, do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico, no marco da convocatoria competitiva de 2022.

  • – O proxecto explora o potencial transformador da xestión forestal sostible para impulsar unha nova cultura material na arquitectura.
  • – A través de prototipos, pezas a escala real, infografías e material audiovisual, amósanse seis especies forestais, procedentes de Galicia e Cataluña, pouco habituais na construción.
  • – A exposición ten carácter itinerante:
  • – 1 ao 16 de novembro, MUHBA Oliva Artès de Barcelona,
    – 21 ao 30 de novembro, Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid
    – 10 ao 31 de decembro, Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra

    Coincidindo coa inauguración, celebrarase unha xornada científico-técnica na que intervirán arquitectos e enxeñeiros forestais de Galicia e Cataluña.

    IAAC_Forested_Poster_General
    ForestED conta co apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO) no marco do Plan de Recuperación, Transformación y Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU.

    A exposición “ForestED – Do bosque á edificación”, é unha das actividades programadas dentro dun proxecto de investigación que explora o potencial transformador da xestión forestal sostible para impulsar unha nova cultura material na arquitectura.

    A iniciativa investiga como diversas especies de madeira locais, habitualmente fóra dos circuítos industriais da construción, poden adquirir novos usos estruturais e arquitectónicos a través da análise científica, a innovación tecnolóxica e o deseño. O obxectivo é fomentar a biodiversidade forestal, activar a economía rural e contribuír á descarbonización do sector da edificación.

    O proxecto está dirixido por Vicente Guallart, fundador do IAAC, e Daniel Ibáñez, director do IAAC, e contou coa participación de equipos multidisciplinares de arquitectos, enxeñeiros forestais e deseñadores de Galicia e Cataluña.

    “Estamos moi contentos co resultado do proxecto, que fomentou a colaboración entre expertos de Galicia e Cataluña, pero que pode estenderse a outros lugares de España. Se se usa madeira para a edificación, podemos abordar varios retos ao mesmo tempo: descarbonizar o sector da construción, protexer a natureza dos incendios, recuperar poboación na España baleira e fomentar a biodiversidade dos bosques”, afirma Vicente Guallart.

    Deixa unha resposta

    O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

    Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información