O Pleno do Consello Regulador aproba o amparo dos viños rosados pola Denominación de Orixe Valdeorras

A publicación no DOG fará efectivo o trámite para que sexa definitivo

Publicidade

pleno valdeorras xullo 24Os membros do Consello Regulador da D.O. Valdeorras reuníanse na mañá de hoxe, 29 de xullo, nun pleno no que se aprobaban todos os puntos da orde do día. Entre eles, o esperado estudio e aprobación das modificacións no Prego de Condicións que permiten o amparo dos viños rosados, e escumosos tintos e rosados, elaborados polas adegas da comarca.

“Nós estamos cumplindo cos trámites necesarios para amparar estes viños, tanto o rosado coma o escumoso tinto e rosado”, expresou o presidente da D.O. Valdeorras, José Ramón Rodríguez Castellanos, ao término da celebración plenaria. Engadiu que “se trata dunha moi boa nova” porque “temos que adaptarnos ás tendencias do mercado, e os rosados teñen demanda polo que é unha pena non aproveitala”.

A intención do Consello Regulador con esta aprobación antes do mes de agosto é “conseguir que a Xunta publique este acordo antes da vendima deste ano”. Así o explicou Rodríguez Castellanos, consciente das moitas adegas que elaboran este tipo de viños coas variedades de uva da comarca, que espera podan gozar do amparo na maior brevidade posible.

Outros acordos plenarios

No pleno do mes de xullo aprobouse a auditoría de contas do ano 2023 e a súa memoria, ademáis da elección da empresa de contratación de vedores para a vendima 2024. Quedou aprobado tamén o acordo de paralizacón das catas en periodo de vendima e varios trámites administrativos no que a rexistros e certificacións se refire.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información