O piñeiro mantense competitivo como opción forestal: o caso portugués

O déficit estrutural de madeira de piñeiro calcúlase nun 47% no país veciño, pois a súa industria consume máis coníferas das que se poden cortar en monte de xeito sostible. Os prezos medios das poxas públicas situáronse no 2023 en 57 euros / metro cúbico

O piñeiro mantense competitivo como opción forestal: o caso portugués

O Informe do Centro Pinus fai un balance da industria do Pinus Pinaster ao longo de 2023. / Fonte: Imaxe de arquivo

O piñeiro mantén nos últimos dous anos prezos competitivos en monte, malia un certo arrefriamento do mercado no último ano. De cara ó futuro, as súas perspectivas son positivas.

A cuestión é que falta madeira de piñeiro en monte, unha tendencia que se agudizará nos próximos anos, como proba o caso portugués. No país veciño, o consumo de piñeiro da súa industria sitúase un 47% por riba das capacidades de corta sostible que ofrece o monte luso, segundo se sinala no último informe do Centro Pinus, que debulla a cadea forestal do país veciño.

É certo que puntualmente, no 2023, as cortas de piñeiro baixaron en Portugal en comparación co 2022 –igual que sucedeu en Galicia-, situándose en 3,3 millóns de metros cúbicos (-17%), pero o déficit estrutural persiste.

Os prezos ademais mantivéronse altos, pois as poxas públicas en Portugal rexistraron un prezo medio de 57 euros / metro cúbico, un 2% menos que o ano precedente, pero moi por riba das cifras do 2021 e dos anos anteriores, cando o piñeiro vendíase de media nas poxas públicas a pouco máis de 30 euros / metro cúbico ou mesmo por baixo dos 30 euros.

Ese escenario está a animar a plantación en monte, igual que sucede en Galicia. No caso portugués, no 2023 vendéronse máis de 6 millóns de plantas de piñeiro certificada, é dicir, de planta con mellora xenética, o que supón un 55% máis que no 2022.

Detallamos a continuación os indicadores da cadea de piñeiro no país veciño, a partir do informe que presentou este verán o Centro Pinus.

Mercado

Portugal consumiu no 2023 un total de 3,31 millóns de metros cúbicos de piñeiro (-17%). Chama a atención que sendo un país que, ‘a grosso modo’, é tres veces máis grande que Galicia, manteña un volume de cortas de madeira de piñeiro similar ó galego o que fala da potencialidade das coníferas na comunidade.

O déficit estrutural de Portugal en piñeiros estímase nun 47% do consumo. O seu monte está preparado só para cortar cada ano arredor de 1,7 millóns de metros cúbicos de piñeiro, polo que a escaseza de oferta será unha constante de cara ó futuro.

A baixada das cortas no 2023 explícase por un certo arrefriamento económico xeral, que levou a destinar menos madeira a palés e embalaxes, así como por unha reducción da demanda para construción, tanto en obra nova como en rehabilitación.

En Portugal, os principais descensos na transformación de madeira producíronse no serrado de madeira (-25%) e nos pellets (-25%), un elemento este último derivado da menor demanda de Reino Unido do pellet portugués para a produción de electricidade.

Principais destinos

Produción industrial nacional de diferentes materiais./ Fonte: Centro Pinus

Principais produtos transformados de piñeiro en Portugal./ Fonte: Centro Pinus

Indicadores forestais

  • 6,2 millóns de plantas certificadas (+ 55%), o que representa a plantación de 5.000 hectáreas con planta de mellora xenética.
  • Área resinada: 24.000 hectáreas (-65.000 desde o 2005). O prezo da resina baixou un 13% no 2023, pero aínda así continúa a niveis altos, coa segunda maior cotización da última década: 1,35 euros / Kg. de media á entrada da fábrica.
Evolución do prezo medio da resina nos ultimos anos en Portugal. / Fonte: Centro Pinus

Evolución do prezo medio da resina nos ultimos anos en Portugal. / Fonte: Centro Pinus

O sector está operado por 16 empresas de primeira e segunda transformación, así como por 272 operadores de extracción de resina.

  • Área de piñeiros afectadas por incendios: arredor de 6.000 hectáreas, dun total de monte queimado que sobrepasou as 30.000 hectáreas.
  • Positivos de nematodo do piñeiro: 9% de positivos sobre o total das probas realizadas. Percíbese unha certa contención dos positivos, que no 2021 representaban un 14,5% das probas realizadas, se ben a erradicación dáse por imposible no país veciño, onde a estratexia pasa pola contención da expansión da praga e a recuperación das masas afectadas.

[/box]

Canta madeira se cortou no 2023 en Galicia?

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información