O Pemento de Mougán xa conta con selo de calidade

O DOG publica hoxe a aprobación do seu regulamento e o do seu Consello Regulador, trala súa inscrición no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas

Publicidade
O Pemento de Mougán xa conta con selo de calidade

Logo da IXP Pemento de Mougán

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación do Regulamento da indicación xeográfica protexida Pemento de Mougán e do seu Consello Regulador provisional. Ademais noméase un consello regulador provisional encargado de poñer en marcha a indicación xeográfica. Con esta nova incorporación son xa 31 os produtos galegos que contan coa protección dunha denominación de orixe ou indicación xeográfica.

Para a súa inscrición derradeira, houbo que remitir aos servizos da Comisión Europea o prego de condicións e a restante documentación necesaria para o seu rexistro como indicación xeográfica protexida. Tras estudar toda a documentación, este produto galego foi inscrito no rexistro europeo de denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas, certificando así a súa calidade.

Pemento de Mougán

O ámbito xeográfico da IXP Pemento de Mougán comprende a totalidade do territorio do concello lugués de Guntín. O nome da denominación “Mougán” é o do topónimo desta parroquia, dende onde partían no transporte público os pementos destinados ao mercado da capital. As características deste produto veñen recollidas no propio Diario Oficial de Galicia.

A inscrición do produto como indicación xeográfica protexida baséase tanto nas súas características específicas ligadas ao territorio -por tratarse dun ecotipo de pemento adaptado ás condicións desta área- como pola súa reputación, fundamentalmente recoñecida no ámbito da Comunidade.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Solicitamos o seu permiso para obter datos estadísticos da súa navegación nesta esta web, en cumprimiento do Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando consideramos que acepta o uso das cookies. OK | Máis información